viernes, 30 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
lunes, 12 de noviembre de 2012
UNHA COROA DE CASTAÑA
Para lucir na festa do MAGOSTO e para levar logo para a casa, elaboramos unhas coroas de castaña.
COROA CASTAÑA 3 ANOS - foto montaje
SAÍDA AO BALNEARIO
Hoxe fomos de excursión ao balneario e ao río Arenteiro. Alí vimos moitos castiñeiros cos seus ourizos e castañas, tamén carballos e landras, cogomelos,...
E, xa á beira do río, puidemos contemplar a fervenza e pousadiña nunha pedra no medio do río, unha garza. Incrible!
De volta para o cole polo paseo da beira do río subimos a unha ponte enorme,...
Pasámolo xenial!
exc bal 12 - foto montaje
viernes, 9 de noviembre de 2012
DECORAMOS AS AULAS
Ademais, durante a semana, estivemos adornando as aulas.
E para elo... axudounos DOÑA CASTAÑA.
Os de 3 anos picaron, pintaron con témpera e pegaron detrás do sombreiro de Doña Castaña papel charol.
Os de 4 anos pintaron, picaron o corpiño de Doña Castaña e pegaronlle papel de seda, e logo, rasgaron e picaron papeliños de papel charol para pegarlle no sombreiro.
Os de 5 anos pintaron, rasgaron e pegaron papeis de seda no pelo de Doña Castaña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)