miércoles, 12 de diciembre de 2012

XA CHEGA O NADAL!

Xa chega o NADAL, e coma tódolos anos decoramos o noso cole...
Poñemos o Belén, facemos e colgamos os móviles, facemos e poñemos os murais, e nos taboleiros brilan as nosas fichiñas con campás, anxiños e árbores...

Xa sabedes que este ano levamos para a casa un traballiño para facer cos nosos pais e nais. Os nenos e nenas de 3 anos levamos unha bola, os de 4 anos unha bota de Papá Noel e os de 5 anos unha árbore de Nadal. O resultado foi moi gratificante e cheo de sorpresas, e así o podedes ver nas seguintes imaxes...

MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS/AS,  PAPÁS E MAMÁS.


Adornos - diapositivas

lunes, 12 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO

















UNHA COROA DE CASTAÑA

Para lucir na festa do MAGOSTO e para levar logo para a casa, elaboramos unhas coroas de castaña.


COROA CASTAÑA 3 ANOS - foto montaje



COROA CASTAÑA 5 ANOS - foto montaje


Mirade que guap@s tod@s!


SAÍDA AO BALNEARIO


Hoxe fomos de excursión ao balneario e ao río Arenteiro. Alí vimos moitos castiñeiros cos seus ourizos e castañas, tamén carballos e landras, cogomelos,...
E, xa á beira do río, puidemos contemplar a fervenza e pousadiña nunha pedra no medio do río, unha garza. Incrible!
De volta para o cole polo paseo da beira do río subimos a unha ponte enorme,...

Pasámolo xenial!


exc bal 12 - foto montaje

viernes, 9 de noviembre de 2012

DECORAMOS AS AULAS

Ademais, durante a semana, estivemos adornando as aulas. 
E para elo... axudounos DOÑA CASTAÑA.

Os de 3 anos picaron, pintaron con témpera e pegaron detrás do sombreiro de Doña Castaña papel charol.












Os de 4 anos pintaron, picaron o corpiño de Doña Castaña e pegaronlle papel de seda, e logo, rasgaron e picaron papeliños de papel charol para pegarlle no sombreiro.





















Os de 5 anos pintaron, rasgaron e pegaron papeis de seda no pelo de Doña Castaña.