Na clase de 3 anos estamos a falar de como son as nosas casas e as nosas familias. A partir do cuadro "Maternidade" de Pablo Picasso, fixemos o noso propio cuadro dunha nai co seu bebé.
lunes, 30 de noviembre de 2015
sábado, 28 de noviembre de 2015
COÑECEMOS A PREHISTORIA
Estes días os nen@s de 5 anos están a estudiar como vivían as persoas na Prehistoria. Era unha vida máis difícil cá nosa pois tiñan que cazar os animais para comer, facer a roupa coas súas peles e vivían en covas, non en casas coma nós. Iso sí, xa facían colares e adornos con ósos e outros materiais. Os nen@s de 5 anos tamén fixeron os seus.
QUE GUAP@S!!!
viernes, 27 de noviembre de 2015
ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
Hoxe celebramos os aniversarios deste mes que xa está a piques de rematar. En 3 anos felicitamos a Naira e a Salomé.
Na clase de 4 cumpriron anos Adrián e Diego Peña.
E na clase de 5 estiveron de aniversario Juanma e Xabier.
Mmmm. Todo estaba boísimo.
PARABÉNS A TOD@S!!!
Na clase de 4 cumpriron anos Adrián e Diego Peña.
E na clase de 5 estiveron de aniversario Juanma e Xabier.
Mmmm. Todo estaba boísimo.
PARABÉNS A TOD@S!!!
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25- N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No cole estivemos a traballar este día tan importante. Esta semana a profe Conchi de Estimulación á Linguaxe contounos o conto "Iriña bailarina", que trata da iguadade de xénero.
Hoxe, despois de ver o conto "Arturo e Clementina", plasmamos as mans de cor violeta para dicirlle a todo o mundo que non queremos violencia e que tod@s somos iguais.
Ademais, fixemos uns vales moi especiais. Desde o Departamento de Convivencia suxeríronnos a posibilidade de facer na aula un "Vale x un abrazo". Despois de colorealo de lila, levámolo para a casa, para cambialo por moitos abrazos. Pero antes comezamos a practicar no cole.
@S NEN@S DO CAMPO DA FEIRA DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)