Chegou o tan esperado día.
Era o momento de debutar diante das nosas familias.
Tiñamos que estar radiantes e facelo xenial.
A pesar nos nervios fixémolo como verdadeiros artistas, así que, aplausos moi requetemerecidos.
Velaiquí unha pequena mostra do ben que o fixemos.
Logo de cantar os nen@s foi o turno dos papás e mamás, e como punto final tod@s xuntos entonamos unha panxoliña.
Foi....divertido e emotivo!!!
Ao rematar as profes escribiran unha carta a Papá Noel chea de bos desexos para nen@s, familias e mestr@s.
E....menuda sorpresa!!!
Papá Noel quixo vir a visitarnos!!!
As nosas caras falan por sí soas!!!
SORPRESA, EMOCIÓN, ILUSIÓN E....INOCENCIA A MILES!!!!
Ho, ho, ho!!! BO NADAL!!!
Moitas grazas a nen@s, familias e mestr@s, porque gracias a tod@s foi un momento inesquecible!!!