Hoxe celébrase o Día do Libro, unha data onde se nos lembra a importancia de ler. Este ano ademais conmemórase o 400 aniversario de Cervantes. Como é sábado, no cole decidimos adiantar a celebración e estes días estivemos facendo actividades relacionadas cos libros.
@s de tres anos colorearon dous personaxes dos seus contos favoritos: Carapuchiña Vermella e a Ratiña presumida.
Na clase de 4 anos fixeron un libro de animais: un pato, un gato, un polbo, un peixe, un león e un loro e puxéronlles o nome.
@s de 5 anos fixeron un libro cunha adiviña onde a solución era o propio libro.
Despois de tanto traballo, así quedaron os libros de 3 anos...
...os de 4 anos...
...e os de 5 anos.
Onte, ademais, foi un día moi especial. Desde o Equipo de Biblioteca, e dado que este curso teñen como lema "Os maiores tamén contan", propúxosenos a celebración desta conmemoración invitando a que os bisavós/as, avós/as e pais/nais que voluntariamente quixeran viñeran ó cole a contarlles un conto ós nen@s.
Na clase de 3 anos veu o bisavó e as mamás de Daniella, Kevin e Lucía, a avoa de Andrea e as mamás de Ángel e Alejandro Iglesias.
Na clase de 4 anos viñéronnos visitar a bisavoa, a avoa e a mamá de Lucas e a avoa e a mamá de Adrián.
E, por último, na clase de 5 anos estiveron a bisavoa, a avoa e a mamá de Malena e a bisavoa e a avoa de Hugo.
E, tal e como se propuxo, contáronlles contos ós nen@s. En 3 anos contaron "Los siete cabritillos y el lobo", "Los tres cerditos", "Adivina cuánto te quiero" e "La vaca Lulú".
En 4 anos narraron "Caperucita Roja" e despois os nen@s puideron ver e tocar o conto.
E en 5 anos recibiron ás familias cun saúdo de benvida e contaron os contos de "Pulgarciño" e o de "Carapuchiña Vermella". Tamén cantaron unha cantiga e dixeron un trabalinguas.
Ó remataren fixeron entrega dos diplomas que o Equipo de Biblioteca lle concedeu ós nen@s por teren participado no concurso de debuxo do conto "A nai da nai da miña mamá".
Para agradecerlles esta visita entregámoslles como agasallo unha foto cos nen@s da clase.
E, como non, despois de tanto traballo ben mereciamos repoñer forzas cunhas galletas.
Como remate, levamos todo para a casa.
Desde aquí só nos queda agradecerlles a súa participación ás familias que voluntariamente colaboraron nesta actividade, pois sen eles non sería posible realizala. Tamén queremos agradecer a aquelas familias que non estiveron presentes porque algún dos seus membros xa non están connosco, pero que aínda así colaboraron enviando fotos de cando as catro xeracións estaban xuntas.