GRADUACIÓN 5 ANOS
Chegou o momento de terminar unha etapa moi importante para estes nenos e nenas.Chegou o momento de soltalos un poco da man e deixar que comecen a voar. Chegou o momento da despedida. Pero non nos imos sen celebralo como a ocasión o merece. Para comezar os maiores do cole representaron unha obra de teatro moi bonita. Así de chula nos quedou:
Para continuar Carolina recitou un poema de despedida moi emotivo:
E chegou o momento máis emocionante, a entrega de diplomas e orlas; momento no que contamos coa colaboración de todas as familias e especialmente dos avós e avoas que tan importantes son nas nosas vidas. Grazas avós/as.
Xa graduados na etapa de Educación Infantil seguimos coa festa.Que ben o pasamos!!
Infinitas grazas familias!!!
Velaquí un vídeo resumo: