O curso escolar está a punto de rematar,
e para eso celebrar, PABLO NOGUEIRA
nos veu visitar.
A nosa biblioteca está moi contenta porque a profe Natalia trouxo o cole o seu amigo, o mestre Pablo, que nos presentou un libro fantástico que el escribiu.
Como a protagonista do conto é unha nena india, NUBE BRANCA, fixemos coroas de indios para acompañala a coñecer os elementos do Sistema Solar e intentar viaxar polo Universo.
Pablo Nogueira explicounos que fixera ese libro coa intención de axudar a uns alumnos que tiña no seu cole que falaban mal.
A historia de NUBE BRANCA que QUERE SER ASTRONAUTA encantounos, e para que non se nos esquecera fixemos uns debuxiños do que máis nos gustou.
Foi unha experiencia maravillosa e ademais gustounos saber que o escritor Pablo Nogueira cando era pequeno foi alumno do noso cole.
MOITÍSIMAS GRAZAS profe Natalia por facer posible a visita do mestre e escritor carballiñés PABLO NOGUEIRA o que lle damos moitos PARABÉNS polo seu traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario