Rematamos febreiro.
A pesar de ser o mes mais pequeno do ano deixounos grandes recordos, pois
disfrutamos moito coas grandes vivencias que sorprendentemente nos deparou.
Despedímolo viaxando a OURENSE e visualizando a obra "A NENA E O GRILO" de MAGÍN BLANCO.
Que ledicia,a golpe de luns viaxar en autobús.
Preparados para entrar e soñar coas aventuras que a nena e o grilo van facer por distintos lugares do mundo acompañados dunha excelente música instrumental e vocal.
3,2,1, comeza a acción....
O grilo saíu do escenario e cantou con nós.
Para rematar voaron avións e Anxo trouxo un de recordo para O Carballiño.
Xa pola tarde,recordamos a obra acompañados do conto de MAGÍN BLANCO,que a profe Norma tiña na biblioteca de aula e fixemos unhas fichiñas para asegurar os nosos recordos.
QUE BONITAS!!!!!