Os nen@s de 3 anos estivemos coñecendo cousas da selva, pois Peliños, a nosa mascota, tiña que viaxar alí para resolver un problema. Aprendemos como viven os pigmeos (unha das tribos da selva), cales son os animais da sabana e da selva e tamén como son as árbores e as plantas que hai nela. Como hai tanta vexetación, se vemos a selva desde o aire parece coma unha gran alfombra verde. E desta cor, que obtivemos mesturando o azul e o amarelo, pintamos a nosa árbore da selva.
Como Peliños ía á selva viaxando nun tren máxico de pompas de xabón, aproveitamos e aprendemos tamén cousas sobre os medios de transporte: por onde van, como son... E, coma sempre, rematamos a unidade transformándonos en artistas. A partires do cadro de Claude Monet titulado "A estación Saint-Lazare", pintamos o fume do noso tren de cor gris, obtida despois de mesturar o blanco e o negro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario