jueves, 17 de marzo de 2016

COUSAS DO ANTIGO EXIPTO

Os nen@s de 5 anos, cando estaba a profe Raquel, comezamos a traballar o proxecto do Antigo Exipto. Este proxecto comezou cando, sorprendentemente, apareceu  na aula unha venda e un papel con debuxos.


A partir destes dous obxectos puxemos en común o que sabiamos deste tema e que queriamos saber.


Fixemos un debuxo no que expresamos as cousas que sabiamos sobre o Antigo Exipto.







Entón puxémonos a investigar sobre o tema. Pedímoslle axuda ás nosas familias e das nosas casas trouxemos libros, contos, enciclopedias e obxectos relacionados con Exipto.









Despois de ver a información situamos Exipto nun mapa, pois era unha das dúbidas que tiñamos.


Para ter máis información vimos a película "Los Little Einstein y la pirámide dorada".




Como tamén queriamos saber para que se utilizaban os camelos, investigamos e vimos que en Exipto (que está na zona do deserto do Sahara) os utilizaban como medio de transporte. E como usan tanto os camelos coma os dromedarios, estudamos as súas diferenzas para non confundilos.


e












Estudamos cousas dos faraóns e descubrimos que en vez de levar coroas levaban un toucado chamado nemes. Os dous faraóns máis coñecidos que o levaban eran Tutankamón e Ramsés II. A partir desta información coloreamos o nemes de Tutankamón.








Para contestar á pregunta sobre os tesouros, investigamos como eran e onde os escondían. Tamén vimos diferentes tipos de cofres e cheiramos o perfume que usaban mesturando auga do Nilo con herbas aromáticas da beira do mesmo.







 Nestes tesouros os exipcios tamén gardaban os seus amuletos, que ás veces eran xoias e outras veces pezas de cerámica simulando obxectos sagrados, como o gato. Descubrimos que as cores preferidas para as xoias eran o dourado, o azul e o verde. Nós tamén fixemos o noso amuleto: a cruz exipcia.







 Cando na clase aparecera a venda, que resultou ser da momia Antonia, protagonista da canción que escoitamos ó longo do proxecto, preguntámonos: "existen as momias?". 
Nuns libros dos que trouxemos da casa descubrimos que sí existían. As momias son os faraóns mortos nos seus sartegos e enterrados nas cámaras secretas das pirámides.








Así fixemos o noso sartego, decorado a partir do do libro, e a nosa momia:







Outra das cuestións que nos interesaban era saber como eran os cocos e as palmeiras. Para dar resposta a esta pregunta, investigamos en libros e vimos imaxes de diferentes tipos de palmeiras. A profe tamén trouxo á clase froitos de diferentes palmeiras: plátanos, dátiles e cocos.




Observamos, cheiramos, tocamos e finalmente probamos o seu sabor.








Ademais tamén hai palmeiras que non dan ningún froito comestible. E como no patio temos dúas, baixamos a observalas.







Falando das palmeiras e os seus froitos, descubrimos que Exipto é considerado o oasis máis grande do mundo por ter o río Nilo e moitas palmeiras.  E nós plasmamos nun debuxo o noso oasis.






Pero nos oasis e en Exipto non só hai palmeiras. Tamén hai cactos, papiros, liño... No cole temos un cactos. Aproveitamos para observalo e ver que os pinchos que teñen serven para defenderse e tamén evitan que a súa auga se evapore rápidamente.


Da planta do papiro faise o papiro, que é o papel no que os exipcios escribían os xeroglíficos. Así descubrimos que un destes papiros foi o que nos aparecera de sorpresa ó principio do proxecto e non era un mapa senón a súa forma de escritura.


Ademais, como no papiro se poden ver algunhas vestimentas quixemos saber como se vestían os exipcios. O primeiro que fixemos foi observar unha foto dun entroido do cole, onde os nen@s se disfrazaran de exipcios.


Vimos como era un vestido de diario e explicamos que o facían de liño. E como Malena tiña o disfraz de Cleopatra, tróuxoo ó cole para que o observaramos todos. Este era un vestido de festa.






Como ós exipcios lles gustaba moito pintar os ollos e os beizos, probamos a pintarnos nós.

  
Traballando Exipto non nos podiamos esquecer do seu animal  preferido: o gato. Fixemos unha ficha onde tiñamos que colorear os gatos segundo a súa raza e numeralos para contalos.

 

Só nos quedaban por saber cousas das pirámides: como se construíron, como son por dentro... Para responder a isto visualizamos libros e documentación variada. No  conto de "Cartas de Félix" lemos a carta que Félix envía desde O Cairo, capital de Exipto. Nela explícanos como son as pirámides.





Aproveitando a carta de Félix, rodeamos a enfermeira c e buscamos a palabra pirámide.






Para construir as pirámides fixo falla o traballo de miles de persoas e tardáronse moitos anos. Estas persoas traían as pedras polo Nilo nuns barcos chamados falúas. As pirámides máis importantes son Keops, Kefrén e Micerino. Preto da pirámide de Keops está a Esfinxe, escultura con cabeza de faraón e corpo de león.


Por uns días convertémonos en arquitectos e construímos a maqueta de Exipto con pirámide, río Nilo, faraón, escriba e animais.












 




 








Que bonitas nos quedaron estas maquetas!!!

Unha das últimas actividades que fixemos e que nos serviu para saber o que aprendemos foi debuxar o que máis nos gustou de todo o que vimos de Exipto.









E finalmente fixemos a portada para que cada nen@ tivese o seu dossier coas cousas do antigo Exipto.





Desde aquí só nos queda darlle as grazas a tódalas familias pola súa colaboración e participación, aportando os materiais requeridos e a información solicitada. Esperemos que disfrutaramos moito con esta experiencia e que nos servira para aprender cousas novas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario