Os nen@s de 4 anos estamos a aprender cousas do Polo Norte. E alí teñen lugar uns fenómenos moi especiais: as auroras boreais. Estes días pasados tentamos plasmar a beleza dunha mesturando pintura de dedos de diferentes cores. Así nos quedou:
Que bonitas nos quedaron!!!
E seguimos aprendendo máis cousas do Polo Norte. Alí están os esquimós que, ademais de vivir en iglús, teñen unha forma moi particular de saudarse: frotando o nariz. Nós tamén quixemos poñer en práctica esta forma de saúdo:
E como vai moito pero que moito frío, os esquimós teñen que abrigarse con roupa feita por eles mesmos. Nós vestimos o noso propio esquimó despois de colorearlle a roupa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario