viernes, 18 de marzo de 2016

PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Coma sempre que se acercan estas datas, estivemos facendo as portadas para levar os nosos traballos encadernados. Os de 5 anos pintaron unha cesta cun simpático coelliño de Pascua e picaron algúns ovos.







 Na clase de 4 anos pintaron dous ovos de Pascua e despois pegáronlle virutiñas de cores.











E, por último, na clase de 3 anos colorearon unha cesta e picaron os ovos de Pascua.







Ademais, para meter as láminas de arte e outros traballos, decoraron tres globos usando diferentes técnicas: un pintárono con pintura de dedos, outro coloreárono con cera e ó último estendéronlle plastilina.









No hay comentarios:

Publicar un comentario