Na clase de música estamos preparando os instrumentos para cantar as panxoliñas. Todo un traballo duro de afinación, coordinación motora e canto en grupo.
Despois poderemos tocar a panxoliña "É Nadal". Todo un clásico no Campo da Feira, no Calvo Sotelo e na Uceira. Trátase dunha cantiga portuguesa que o profe de música adaptou para os tres edificios e que se estreou no ano 2009 no Multifuncional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario