miércoles, 25 de noviembre de 2015

25- N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole estivemos a traballar este día tan importante. Esta semana a profe Conchi de Estimulación á Linguaxe contounos o conto "Iriña bailarina", que trata da iguadade de xénero. 




Hoxe, despois de ver o conto "Arturo e Clementina", plasmamos as mans de cor violeta para dicirlle a todo o mundo que non queremos violencia e que tod@s somos iguais.



















Ademais, fixemos uns vales moi especiais. Desde o Departamento de Convivencia suxeríronnos a posibilidade de facer na aula un "Vale x un abrazo". Despois de colorealo de lila, levámolo para a casa, para cambialo por moitos abrazos. Pero antes comezamos a practicar no cole.























@S NEN@S DO CAMPO DA FEIRA DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario