jueves, 19 de noviembre de 2015

OBSERVAMOS O OUTONO

Hoxe pola tarde, aproveitando que estaba bo tempo, saímos a dar un paseo ó Balneario para ver as cores do outono.




Ó chegar trepamos nas follas secas, miramos os castiñeiros e atopamos ourizos, castañas, cogomelos... e ata piñas.

















Máis adiante tamén había landras e outras follas diferentes ás dos castiñeiros.Cada nen@ colleu unha e seguimos o camiño.



Chegamos ó río Arenteiro e parámonos a observar o salto que a auga facía onde nos atopabamos.
E sabedes o que había? Pois un pouco máis abaixo estaban bañándose uns patos. Que bonitos!!!


Seguimos camiñando á beira do río e chegamos á ponte que o cruza.





E ó chegar ó cole deixamos as cousas que recollemos.


Foi unha tarde diferente. Menuda camiñata!!! Pero aprendemos vendo e tocando que o outono se viste coas cores amarela, marrón e laranxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario