Onte pola tarde baixamos ó patio despois de saudar a Dona Castaña e a Don Castañín e comezamos os xogos.
Primeiro fixemos carreiras. Os de 3 anos fixeron carreira normal, os de 4 carreira cos pés xuntos e os de 5 saltaron á pata coxa. Mentres tanto, os demais animaban.
Buff, canto corremos!!! Para descansar un pouco fixemos un xogo máis tranquilo: o tragacastañas. Cada equipo tiña que encestar castañas na boca destas castañas tan simpáticas.
E por último xogamos ó xogo das cadeiras musicais.
Despois de tanta troula, chegou o momento de descansar un pouco. As profes metéronnos nos bolsos un puñado de castañas para que as comeramos. Tamén comemos gusaniños e galletas.
Mmmm, que bo estaba todo! Despois de tanto exercicio xa tiñamos fame. E como xa era hora de saír, fómonos co bolso de agasallo.
Que ben o pasamos!!! Pero... papis, botámosvos de menos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario