Xa fai tempo que estamos a praticar a reciclaxe seguindo as orientacións do Departamento de Convivencia.O que primeiro comezamos a reciclar foi o papel e o cartón que recollemos nas distintas aulas e logo valeiramos nunha caixa decorada cunha collage en tonos azuis.
Pero agora, xurdiu que na clase de estimulación da linguaxe, a profe Sonia traballa cos contos da colección Bahía, que tratan os temas transversais, tan presentes no noso currículo.
Despois de facer estas actividades e vendo que os nenos e nenas están moi interesados no tema, pensamos que sería bo ampliar o campo da reciclaxe.
Aproveitando que os nenos e nenas traen algún día á semana lácteos e zumes para merendar, imos facer outra caixa para recoller os envases dos iogures, actimeles e zumes.
Entre todos os papeis de regalo reciclados buscamos e eleximos os de cor amarela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario