Para meternos de cheo nesta temática tan popular, comezamos a contarlles aos nenos e nenas o conto: María non é de aquí.
Partindo deste conto, nas asembleas das distintas aulas dialogamos sobre o entroido e as súas costumes, introducindo vocabulario significativo propio desta tradición, tanto a nivel indumentario (máscaras, disfraces, charangas, felos, peliqueiros,...) como gastronómico (cocido, orellas, filloas,...).
Tamén observaremos cos nenos e nenas as fotos do entroido doutros cursos que están expostas nas escaleiras do centro.
As diversas actividades que fixemos en relación co entroido foron:
Comezamos por ambientar as aulas, decorando os taboleiros con caretas:
COMO NOS FAN RIR ESTES PAIASOS...
QUE MAL SE VE CO PARCHE!
ASÍ TAPADIÑOS NON TEMOS FRÍO!
Mirade que antifaces tan festivos picamos:
Continuando coa nosa tarefa de reciclaxe, elaboramos uns compadres e unhas comadres para destacar que o xoves de compadres e o xoves de comadres son días importantes no noso entroido.
Sabedes con que os fixemos?
Con papeis de xornais, de revistas e de agasallos reciclados.
O proceso que seguimos para a súa elaboración foi o seguinte:
1º Collemos un montón de xornais atrasados.
2º Repartimos follas e doblámolas.
3º Fixémoslle as caras.
Pero como os compadres e as comadres queren ir de paseo, ímoslle poñer un traxe...
Que guapos nos quedaron...
Para dar por finalizadas as actividades relacionadas co entroido:
Na aula de 3 anos pintamos unha careta de indios.
Na aula de 4 anos troquelamos a silueta da ra Pascuala e disfrazámola de pirata.
Na aula de 5 anos troquelamos a silueta da abella Pepa e disfrazámola de faraón.
COAS NOSAS CARETAS
DE INDIOS, FARAÓNS E PIRATAS
SAIMOS EN FILA E ATENTOS,
IMOS LEDOS E CONTENTOS.
QUE BEN O PASAMOS! E..., CANTO TRABALLAMOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario