miércoles, 15 de febrero de 2012

AGASALLOS DE CORES

Despois de servirnos as caixas para realizar tantos xogos lóxicos e prenuméricos, facendo uso delas, tanto sen forrar como agora forradas...

Contamos...
Facemos conxuntos de bloques lóxicos por cores...
Repasamos tamaños: pequeno, mediano, grande,...
Medímonos...
Facemos series de cores...
Repasamos conceptos de lateralidade: dereita, esquerda...

Fixemos asambleas nas tres aulas (de 3, 4 e 5 anos) preguntando para que podían servir agora as caixas así forradiñas... e á maioría dos nenos e nenas lles pareceu un AGASALLO.

Sin demorarnos máis, puxémonos a rematalos como os nenos e nenas dixeron: un agasallo.

 Puxémoslle un lazo e... así quedaron...

Pero,... que lle metemos dentro?

Pois eles mesmos, que son o mellor e máis importante agasallo para os seus pais e nais. Furamos dous buratos pequenos para meter os brazos e un máis grande para a cabeza.
Aquí tendes a estes nenos e nenas como fermosos agasallos, pero con pernas, brazos e cabeza.



Gústanvos?
A verdade é que están moi bonitos e orixinais.

Pero a reciclaxe non se acaba aquí. Agora empezamos co entroido... e algo máis faremos reciclando materiais de todo tipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario