Vivir en paz é moi importante e no colexio tamén debemos, entre todos, manter a paz.
Aínda que a paz a traballamos en todo momento, hoxe tivemos unha visita especial: A POMBA MARI PAZ, que durante todo o día estivo a traballar, xogar e falar con nós.
Así, seguindo as instruccións da pomba Mari Paz, nas aulas de 3 e 4 anos plasmamos nun folio as nosas mans e na aula de 5 anos pintámolas con pincel.
Seguidamente, pintamos e picamos a silueta da nosa invitada: a pomba MARI PAZ.
Tamén aprendemos un poema e unha canción.
AULA DE TRES ANOS:
Que ledicia! As mans cheas de pintura!
Como disfrutamos lavando as nosas mans!
Que ben nos quedaron!
Picamos a pomba...
NA AULA DE 4 ANOS:
Disfrutamos pintándonos!
...Este foi o resultado.
Agora picamos con moita concentración...
Tamén fixemos troquelados...
NA AULA DE 5 ANOS:
Que dominio do pincel! Nótase que xa temos 5 anos.
Que bonitas no noso taboleiro!
O picado saiunos xenial!
Para rematar o día fixemos as fotos coas pombas colgadas para non esquecer que a PAZ ten que estar sempre con nós.
QUE GUAPOS ESTAMOS!
Tamén cantamos a canción "MIS MANOS SON PALOMAS DE LA PAZ" e recitamos este poema:
LA PALOMA MARI PAZ
NOS DA UN CONSEJO EFICAZ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario