Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro, contamos e representamos o conto de TOPITO TERREMOTO, coa finalidade de relaxarnos e centrarnos, pois sabíamos que Alba estaba a piques de rematar o seu período de prácticas.
Os nenos/as propuxeron traer instrumentos de súa casa para mostrarlle a Alba a ledicia que tiñan coa
súa presencia.
Estes meses estivemos moi a gusto coa súa presencia compartindo todo tipo de actividades, experiencias, sorrisos, asombros e algunha bágoa que nos axudou a medrar un pouco máis e a ser máis felices.
Houbo agasallos para todos...
E fixemos fotos de grupo para a despedida...
Querémoste moito Alba!!!!
Todo ten un principio e un fin e este é o teu principio Alba.
Que teñas moita sorte na viaxe que vas emprender
3,2,1,despegue....
No hay comentarios:
Publicar un comentario