En colaboración coa asociación Bicos de Papel (unha asociación que presta a súa axuda a os nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo) pensamos en facer a seguinte acción para darlle visibilidade a esta enfermidade e sobre todo para facer unha mostra de apoio ós cativos/as e as súas familias.
O 15 de febreiro é o día internacional contra o cancro infantil e a proposta é facer un gran lazo de cor dourado.
Despois de facer esta pequena mostra, sacámoslle unha foto e mandámola para que forme parte dunha presentación en video que se proxectou o sábado 17 no centro cultural de San Miguel de Oia, onde se fixo un festival contra o cancro infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario