Xa rematou o curso!!! Pero antes de irnos de vacacións estivemos preparando as portadas para levar os últimos traballos á casa.
Na clase de 3 anos os nen@s colorearon un barquiño veleiro e despois picaron as velas.
Ademais pintaron e cubriron con pegatinas dúas flores para levar as láminas de arte:
Os de 4 anos pintaron e pegáronlle pegatinas a uns peixes de coloríns. Esta portada tamén lles serviu para levar as láminas de arte.
Tamén fixeron outro peixe picando papel brillante para a cabeza e as aletas e coloreando o corpo.
Na clase de 5 anos montaron un peixe a partir de pezas pequenas e usando diferentes técnicas: coloreado con ceras e rotuladores e pintado con pintura de dedos.
Despois puxeron o nome nas etiquetas e este foi o resultado:
Que portadas máis veraniegas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario