lunes, 6 de junio de 2016

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Onte foi o Día do Medio Ambiente. Nesta data lémbrasenos que tod@s temos que coidar o que nos rodea se queremos vivir nun mundo limpo e san. Non debemos lixar o bosque, os ríos ou o mar. Tampouco debemos danar os animais. E, sobre todo, debemos colaborar nas casas separando o lixo en plástico, vidro, papel e lixo orgánico. E... que mellor forma de colaborar desde o cole ca reciclando os envases de plástico das merendas? Os nen@s que trouxeron iogur tiraron o envase baleiro á papeleira amarela e os papeis á azul.








 Os nen@s da clase de 5 anos, ademais, colorearon unha ficha coa profe Conchi Vázquez relacionada con este día.






LEMBRADE: POR UN MUNDO MELLOR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario