Onte fomos de excursión a Vigo. E coma tódolos anos as profes prepararon antes de saír os bocadillos de queixo, chourizo e salchichón que iamos comer. Tamén había empanadillas, froita, galletas e, para beber, auga.
Cando chegamos ó cole puxéronnos as identificacións e... subimos ó autobús rumbo a Vigo. Que ilusión!!!
Chegamos ó zoo de A Madroa e alí esperábannos dúas guías que nos acompañarían no recorrido polo recinto, explicándonos as características e anécdotas dos animais.
Vimos llamas, osos pardo, walabís, ñandús, cervos, gamos, tigres, leóns e ata lobos.
Puidemos ver tamén muflóns e tocar os seus cornos.
Encantáronnos os pavos reais, os bufos e as curuxas, pero sobre todo os lémures, as cebras, os antílopes e as avestruces.
Ata había morcegos...
... e unha casa de madeira para quedarse alí a durmir de noite se se quere.
Ademais entramos ó acuario, ó terrario e ó mariposario. Alí vimos a diferenza de tamaño de ovos de diferentes aves: avestruz, emú, ñandú, galiña...
Ata había unha colmea con abellas.
No acuario había peixes, chocos, cabaliños de mar, tartarugas...
No mariposario vimos bolboretas.
E no terrario había lagartos, gekos, camaleóns e cobras de tódolos tamaños que se camuflaban perfectamente co entorno.
Despois da visita descansamos un pouco para coller novas forzas...
...para chegar ó porto, onde vimos barcos, lanchas e catamaráns.
Para comer acercámonos á praia Samil.
Que bo estaba todo!!!
Cando rematamos xogamos no parque que había ó lado.
Antes de subir ó autobús acercámonos a ver o mar polo paseo da praia.
Chegamos ó aeroporto onde vimos despegar un avión.
Antes de chegar ó cole merendamos. Mmmmm!!!
Que rico está todo!!!
Ó chegar agardábannos as mamás, os papás e ata algún avó.
FOI UN DÍA DIFERENTE E XENIAL.
QUE BEN O PASAMOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario