Durante a semana do 11 ó 15 de maio estivemos a facer no cole actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Con ditas actividades coñecemos algo máis da súa vida e das obras que publicou.
Ademais o Equipo de Normalización Lingüística do cole suxeriunos que elaboraramos un cartel cun lema en defensa do galego e que ensaiaramos cos nen@s a canción "Fala de noite e de día", escrita pola nosa compañeira Yolanda Guerra, poñéndolle a música da canción de Enrique Iglesias "Baila de noche y de día".
Decidimos facer dous carteis: un coa bandeira galega e outro onde faciamos alusión a Xosé Filgueira Valverde e á canción proposta polo Equipo de Normalización.
Que fermosa nos quedou a nosa bandeira!!!
A continuación puxémonos a facer o mural do noso homenaxeado en conxunto coa canción.
Decidimos facer dous carteis: un coa bandeira galega e outro onde faciamos alusión a Xosé Filgueira Valverde e á canción proposta polo Equipo de Normalización.
Que fermosa nos quedou a nosa bandeira!!!
A continuación puxémonos a facer o mural do noso homenaxeado en conxunto coa canción.
O día 15 fomos á Praza Maior coa bandeira e o mural e cantamos o himno galego e o estribillo da canción "Fala de noite e de día".
Despois estivemos mirando como os nenos do colexio "Sagrado Corazón" facían unha sopa de letras e ó rematar todos xuntos volvemos cantar o himno galego.
Aproveitamos que estabamos no Concello para visitalo por dentro. O Alcalde recibiunos en persoa. Puidemos facerlle preguntas e ... ata celebramos un pleno !!!
Déronnos tamén caramelos e un marcapáxinas co autor deste ano. Que sorte!!!
Menuda corporación tivo o Concello de O Carballiño por uns minutos!!!
Fixérono xenial!!!
Tamén vimos de cerca as dúas bandeiras.
Despois desta mañá tan axetreada, descansamos e tomamos un xeado antes de volver ó cole.
Que deliciosos estaban estes xelados cos que repuxemos forzas para voltar ó noso cole !!!
E cantando de novo o himno rematamos a mañá da celebración das Letras Galegas 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario