Hoxe martes comezamos o día coa visita á praza de abastos e a outros establecementos da vila.
A primeira parada foi ó ladiño do cole, na panadaría do Manolo... Alí puidemos ver o proceso da elaboración do pan: o amasado, a forma e o forneado...
Ademáis obsequiounos cuns boliños de pan RIQUÍSIMOS!!!
A seguinte parada foi no súper...onde mercamos espaguetis, galletas, lentellas, champú, azafrán, café e pinzas de madeira,...
O encargado do súper deunos uns sugus que estaban BOÍSIMOS!!
Logo levamos un par de zapatos a amañar á zapataría...
vimos como traballa un zapateiro e os utensilios que emprega.
E como a canción de "Fun ó mercado" fai alusión ó regaliz, non podía faltar a visita a unha tenda de chuches... onde mercamos e comemos regaliz...hummmmmm!!!
E coma Teo, o protagonista do noso conto, tamén paramos no quiosco xunto á praza.
E, por fin, chegamos á praza de abastos,...
Alí visitamos varias carnicerías e pescadarías...
cantos productos diferentes, algúns xa coñecidos e outros por coñecer...
Nas carnicerías puidemos ver carne de tenreira, de porco, de polo, de pavo, de coello,...
E nas pescadarías vimos pescadas, congrios, rapes, xureis, sardiñas, raias, doradas, lubinas, rapantes, pulpos, calamares, chocos, sepias, berberechos, ameixas, mexilóns,...
E, ó ladiño da praza, fomos á froitaría, onde puidemos coñecer froitas moi variadas e doutros paises.
Mercamos algunhas froitas, e degustamos unhas uvas que estaban moi boas!
E como colofón á nosa pequena excursión,... rematamos nun restaurante onde puidemos observar na súa cociña como transforman os produtos comprados en riquísimos platos elaborados; e o comedor onde se saborean ditos platos.
Despois voltamos ao cole e degustamos o pan, as froitas e as galletas que mercamos...
PASÁMOLO XENIAL!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON PARA QUE ESTA SAÍDA FOSE POSIBLE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario