Hoxe, para traballar os días internacionais da árbore e da auga, plantamos un acivro que nos regalou a Deputación de Ourense. Despois de observar nas clases como era...
...puxémonos mans á obra. Cavamos, regamos e plantamos a árbore. E prometemos coidala sempre.
De volta ás aulas, traballamos o conto "A palabra máxica" que tamén nos enviou a Deputación Provincial. A profe Lucía adaptóunolo ás nosas idades e despois fixemos un traballo relacionado. Iso sí, só o levaron para a casa os de 5 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario