viernes, 7 de junio de 2013

SUSA HERRERA VISITA O COLE CAMPO DA FEIRA!


Onte, xoves día 6, tivemos unha gran sorpresa no noso cole "A VISITA DE SUSA HERRERA". Susa Herrera é profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

So estivo con nós unha hora, pero foi do máis produtivo e super atractivo e divertido para os nenos e nenas.

Presentounos o conto En Cabárceno se oye cantar. Pasámolo moi ben e disfrutamos moitísimo coa súa extraordinaria voz e coas súas coreografías.

Gracias por vir Susa, eres xenial e marabillosa.



Susa Herrera - foto montaje

A Susa Herrera coñecémola nun Taller de emocións en Vigo no mes de abril, ó cal asistimos as profesoras de Educación Infantil do edificio Campo da Feira e a profesora de relixión dos nosos nenos e nenas.



O resultado foi tan positivo e gratificante, que nos levou a invitala a vir coñecer o noso colexio, pois queriamos que os nen@s poideran disfrutar e aprender das súas cualidades e aptitudes rítmicas e expresivas.

E, ela, coa súa sencillez, e amiga de compracer, onte estivo con nós no cole.

De novo, darlle as grazas, e esperamos que nos visite máis veces, pois tanto os nen@s coma nós quedamos encantados. 


GRAZAS SUSA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario