Por fin, xa estamos no xoves 20 de xuño, día tan importante, tan cheo de nerviosismo para todos nós.
ÍMONOS VESTIR!!! VAIA NERVIOS!!!
Xa parece que o conto da Ratiña Presumida que imos escenificar ten vida.
Xa estamos preparados e listos para que o gran teatro comece!
A R P - diapositivas
Aínda que xa sacamos os disfraces, seguimos estando guapísimos co noso pantalón vaqueiro e a nosa camisa branca, para comezar a cantar e facer a coreografía das cancións, que tanto nos gusta.
Estamos moi ledos porque ó final os pais e nais tamén se uniron á coreografía cantando e bailando con nós.
QUE BEN O PASAMOS!
Como xa somos maiores e rematamos a educación infantil, agora só nos queda licenciarnos. A profe Norma vainos dar o diploma e a orla que nos quedará para o recordo do paso por esta etapa onde tanto aprendemos e disfrutamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario