O martes da semana pasada déronnos a nova de que o noso colexio fora escollido, xunto con outros catro máis da provincia, para levar a cabo un proxecto sobre os vermes da seda, que durará este curso e o curso que ven.Dito proxecto está dirixido para os nenos e nenas de Educación Infantil e para os nenos e nenas do primeiro ciclo de Educación Primaria. Está organizado pola Xunta, en concreto pola Consellería de Economía e Industria, dentro do proxecto: "Enredando, artesanía na escola".
Podedes atopar máis información no seguinte enlace:
Fainos moita ilusión este proxecto, polo que xa vos iremos contando pouco a pouco o proceso.
Para comezar, un vídeo:
E, seguídamente, ensinámosvos as fotos dos ovos dos vermes da seda que xa se atopan no noso cole.
Mirade que pequeniños son!
No hay comentarios:
Publicar un comentario