Durante toda a semana estivemos a preparar os agasallos para as nosas mamás...
Para comezar puxémonos a picar unha flor enorme...
e logo, uns circuliños amarelos para o medio da flor.
Xa vedes que ben traballan estes nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.
O seguinte paso foi pintar o talo e as follas da flor.
E para rematar pintaron tamén as palabras "Para mamá" e escribiron o seu nome.
Fixádevos que ben poñen o seu nome os nenos e nenas de 3 anos.
E mirade tamén que contentos están ensinando o agasallo para as súas mamás!
Pero... sabedes o que é?
Pois sí, un mantelciño individual!
Que bonito!
Despois escribimos unha postal para felicitarlle o día.
Os de 3 anos despois de escribir, picar e pegar un gran corazón na postal, pegárona en papel reciclado de agasallo e logo nunha cartolina.
Os de catro anos escribiron o texto que de antemán decidiron entre eles, ...
... e logo, despois de plasmar os seus beizos con moito amor na postal, puxéronlle un laciño, e, xa vedes...
Os de 5 anos pintaron unha flores de moitas cores por un lado da postal e polo outro lado escribiron moitas cousiñas, e, ....
todo iso acompañárono cun debuxo moi especial.
Para finalizar empaquetamos todo en papel de periódico, seguindo co noso proxecto de reciclaxe, e despois, puxémoslle un lazo enorme para darlle unha GRAN SORPRESA ÁS MAMÁS!
E como os nenos e nenas de 3 e 5 anos non debuxaron na súa postal, sí o fixeron nun folio.
Que debuxos máis fermosos!
Esperamos que ás mamás lles gusten os seus agasallos nun día tan especial, aínda que todos os días son especiais,... verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario