martes, 27 de marzo de 2012

A GRANXA, OS ALIMENTOS, AS TENDAS,...

Durante as últimas tres semanas os nenos e nenas de 3 anos estiveron a traballar a Unidade Didáctica: 
A granxa... Foi así como coñeceron todos os animais que viven nela.

Pero, ademais, aproveitando a chegada da primavera, e que temos uns días moi calurosos, decidimos facer unha ficha dun sol enorme para adornar a nosa aula.

Comezamos por facer uns raiños con rotuladores de cores...




...e logo, coa axuda do pincel e a témpera laranxa que fixemos mezclando a cor vermella e a amarela,
pintamos máis raíños intercalados cos de rotulador.






Mirade que soleada nos quedou a clase!



Na aula de 4 anos estivemos a traballar a Unidade Didáctica dos alimentos. Así, falamos da importancia de comer de xeito saudable, tamén coñecemos cales son as comidas típicas doutros países, como por exemplo, México, Italia, etc., e como non, tamén nos quedou claro o que debemos facer antes de comer (lavar as mans) e despois de comer (lavar os dentes).

Como nos gustan moito os espaguetes, acordamos facer un prato deles.

Comezamos facendo uns espaguetes moi finiños...




... e logo puxémolos nos pratos, listos para comer e saborealos.


Que boa pinta teñen!


Por iso, decoramos o noso taboleiro cunha das comidas que máis nos gustan.






Os nenos e nenas de 5 anos estiveron a traballar as tendas e os alimentos. Debido á importancia que ten aprender a comer ben, elaboramos unha pirámide dos alimentos.


Trouxemos da casa folletos dos supermercados e comezamos a recortar e pegar...




E este foi o resultado.


Pero o máis importante desta actividade foi que nos quedou claro que alimentos deben estar presentes a diario na nosa alimentación e cales debemos tomar só de vez en cando.


Canto aprendemos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario