Hoxe, 19 de marzo, un día tan importante para todos os papás, no noso colexio comezamos a xornada co conto "P de papá". Neste conto podemos ver todas as cousas que saben facer os nosos papás, que non son poucas.
Logo, decidimos entre todos escribirlle unha postal a papá para decirlle canto o queremos.
E como a postal debería ir nun sobre, puxémonos a decorar un facédolle moitísimos puntiños con rotuladores de cores.
Ademáis, durante a semana pasada, estivemos a facerlle un agasallo, que tamén meteremos hoxe no sobre coa postal.
O agasallo é un osiño para suxeitar papeis.
O proceso que seguimos para a súa realización foi o seguinte:
Partindo desta plantilla...
O primeiro que fixemos foi pintar os osiños de cor marrón...
Así nos quedaron despois de pintalos...
Logo, puxémoslle unha pinza de madeira...
Despois con gomets de distintas formas e cores démoslle máis vida aos osiños...
Mirade que bonitos nos quedaron...
Como dixemos, metémolos nos sobres...
Pechámolos...
E... só nos queda agardar que aos papás lle guste moito o noso agasallo, sempre seguido dun: FELICIDADES PAPÁ e moitos bicos.
Para finalizar este día tan especial, debuxamos aos nosos papis...
E cheos de ilusión e ledicia fómonos para a casa co noso sobre, desexando ver pronto ao papá para darllo.
FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario