Xa está moi preto o Nadal. Desde o 1 de Decembro andamos con todos os preparativos para tan importante conmemoración: O NACEMENTO DO NENO XESÚS.
O primeiro foi decorar as aulas e todo o colexio en relación a estas datas que tanto nos gustan a todos, sobre todos aos máis pequenos da casa, xa que veñen o Papá Noel e os Reis Magos e vannos traer moitas cousas porque fomos moi bos.
Durante estes días traballamos moito.
Na aula de 3 anos:
Picamos unhas estrelas de cores para que brilen moito no taboleiro e tamén unhas máis pequenas ás que lle pegamos as nosas fotos para logo facer unha árbore de Nadal para a nosa aula.
No outro taboleiro da aula puxemos un mural dos nenos e nenas de 5 anos doutro curso, pois nós ainda somos un pouco pequenos para pintar así, pero xa estamos aprendendo e pronto o faremos así ou mellor.
Logo colgamos do teito uns móviles de estrelas, campás, anxiños, árbores, etc. que tiñamos gardados. Algúns destes móviles foron feitos por nenos e nenas (picados e recortados), outros por pais e nais de nenos e nenas doutros cursos, e outros pola profe.
Na aula de 4 anos:
Pintamos un Papá Noel moi bonito que decorou o noso taboleiro por uns días.
Logo decidimos facer unha árbore de Nadal, así que nos puxemos a picar a árbore en papel charol e logo pegámolo nun folio.
Puxémoslle unha estrela dourada no cume e decorámolo con gomets.
Gustavos como quedou?
O outro taboleiro da aula aproveitámolo para un mural. Primeiro pintamos e despois pegamos as figuras do portal de Belén.
E, como podedes ver, a aula tamén a decoramos con móviles de bolas, estrelas e árbores feitos na casa polos nenos/as dos cursos pasados.
Na aula de 5 anos:
Comezamos poñendo móviles (algúns feitos pola profe e outros polos pais-nais e nenos/as doutros anos) e facendo un mural.
Para o mural pintamos as ovellas, puxémoslle lá, picamos as estrelas e debuxamos o pobo e o castelo de Herodes.
O resultado é este.
Para poñer no corcho pintamos unha vela, picámola e logo picamos tamén unha chama en papel brilante.
Quedou bonita, non si?
Logo, por todo o colexio, hai tamén moitos móviles de estrelas, bolas e abetos, que son os tres debuxos que lles mandamos tódolos anos á casa para que por favor os pais-nais xunto cos nenos e nenas os decoren.
Como vedes hai moita creatividade e imaxinación. Pero estes son do Nadal 2010, pois este ano acordamos non llos mandar para ser un pouco coherentes co que decimos e facemos.
Este é a nosa árbore do cole, gústavos?
Pero o que máis nos gusta é o Nacemento que montaron as nosas profes no baixo do cole.
Aquí están os Reis Magos e tamén o Rei Herodes, os pastores, as ovellas, San Xosé, a Virxe e o Neno Xesús, e como non, a mula e o boi que son os que lle dan calor ó Neno Xesús (daquela non había calefacción).

No hay comentarios:
Publicar un comentario