Os nenos e nenas de 3 anos están aprendendo a canción de "Pepito conejo", por ese motivo transformamos a aula de psicomotricidade para eles nun pequeno bosque, no que traballamos diferentes espacios e maneiras de desprazarnos.
Camiñando polo bosque atopamos un túnel, e claro, tivemos que pasar por debaixo.
Andando, andando,... atopamos un río, e para non nos mollar pasamos por unha ponte de corda moi estreitiña. Que perigo!...e que divertido!
Despois de cruzar o bosque, estamos tan cansos que nos relaxamos por parellas. Primeiro cunhas masaxes nas costas con dedos e logo relaxando as pernas.
Que ben o pasamos no bosque con Pepito conejo.
Os nenos e nenas de 4 anos ao son da canción "Debajo de un botón" xogamos ás cadeiras, cunha peculiaridade, cando algún neno ou nena queda sen cadeira tense que poñer no colo doutro. Que risa!
Logo, convertémonos en ratiños pequeniños para recorrer a casiña de Martín e pasar polos buraquiños máis pequenos.
Para rematar, relaxámonos por parellas coa axuda dunhas pelotas que pasamos por todo o corpo.
Coa canción "Jugando al escondite" os nenos e nenas de 5 anos convertemos a aula de psicomotricidade nun bosque onde hai un lobo feroz.
Que medo!
O lobo espera paciente... é consegue a súa recompensa. Colleu unha presa!
Seguindo polo bosque, os bancos son pontes por onde nunca pasa o lobo.
Mentres cantamos a canción paseamos polas pontes e cando o lobo sae a buscarnos voltamos correndo ás nosas casiñas...
Por fin nos podemos relaxar, escapamos do lobo feroz. Por parellas, sentimos como polos nosos brazos pasa unha enorme pelota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario