Traballamos a NON VIOLENCIA nas nosas aulas ao longo de toda a semana:
Comezamos traballando o conto de Orellas de Bolboreta, e a partir do mesmo falamos do importante que é non rirse dun compañeiro, de non pelexar, de axudar sempre q sexa preciso...
Tamén pensamos calificativos para os nosos compañeiros e compañeiras e logo cada un de nós tivo q escribilos e debuxarnos ben guapos como a ocasión así o merecía.
Na clase de 5 anos tamén traballamos o valor da AMIZADE, e fixemos un debuxo de todos os nosos amigos e amigas.
E para rematar diseñamos unhas chapas chulísimas para levar para a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario