Desde o comezo do Outono os nen@s de 3 anos estivemos a aprender e facer actividades sobre esta estación...
Escoitamos e cantamos cancións.
Observamos como as follas das árbores do noso patio cambiaban de cor e caían ao chan.
Tamén nos demos conta que o tempo cambiou, agora fai máis frío e ás veces chove.
Para decorar a nosa aula elaboramos móbiles con algúns froitos do outono: uvas, cabazas, cogumelos e castañas!!
E como a mellor forma de aprender cousas novas é explorar e desfrutar, así o fixemos no patio do noso cole!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario