Este ano comezamos o cole dunha forma diferente, pero non por iso deixamos de estar ilusionados por ser os maiores do cole, e estar na clase de maiores.
O primeiro día falamos da situación que estamos a vivir e lemos un conto para entender como demostrarlle aos nosos amigos e amigas o moito que os queremos.
Despois de levar días practicando unha morea de novas ordes no cole, recibimos unha visita moi especial. O equipo de PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS veu a visitarnos . Fixemos unhas actividades moi divertidas coas que aprendemos moitos truquiños para combater o coronavirus: poñer a man para tusir ou esbirrar, saudarnos sen tocarnos, manter a distancia de seguridade.. E sobre todo lavar as mans con auga e xabon e protexernos sempre con mascarilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario