Esta semana tocaba aprender cousas da nosa comunidade.
Vivimos en Galicia, na provincia de Ourense e estamos na vila do Carballiño.
Galicia ten unha bandeira e tamén un himno.
Celebramos o 17 de Maio a nosa festa, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e este ano tócalle ser homenaxeado a Antonio Fraguas Fraguas.
Antonio Fraguas naceu en Cotobade e escribiu moitas historias.
Así foi que tiñamos que lembrar unha morea de cousas, así que puxémonos mans á obra.
Os nenos de 3 anos convidáronnos á súa clase para ler un conto moi especial dos Bolechas.
Despois era hora de elaborar un mural para o Equipo de Normalización Lingüística.
Os nenos de 3 anos pintaron a bandeira de Galicia e moreas de serpes dos contos de Antonio Fraguas.
Os de 4 pintaron o mapa de Galicia e ademáis quixeron demostrarnos que xa son maiores escribindo os textos.
E os de 5 fixeron o retrato de Antonio Fraguas Fraguas.
O resultado foi o seguinte:
Aprendemos a Cancion de Uxia Lambona e a Banda Molona: "Pousa"
Ensaios e actuación estelar!!!!
E por último coñecemos o himno de Galicia.
E que mellor que sair lucindo as nosas bandeiras coa música do noso himno de fondo.
FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!
Deica o Martes 21!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario