DÍA DA MULLER
O pasado día, 8 de marzo, celebramos o día da muller facendo diversas actividades destacando a sua importancia no día a día.
Como primeira actividade quixemos que os nenos-as fosen os protagonistas falando das mulleres mais cercanas a eles, as súas nais.
Seguimos traballando este día coa lectura e visualización do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes¨"
Os nenos e nenas de 3 anos coñeceron e traballaron a MIRIAM MAKEBA
Os nenos e nenas de 4 a MICHAELA DEPRINCE
Tamén debuxaron a unha muller representativa para eles
E os nenos e nenas de 5 anos coñeceron a CLEOPATRA.
Despois cada neno-a debuxou a unha muller representativa.
Que fermosas!
Finalmente todas as profes do cole puxemos o noso gran de area para este día tan importante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario