Por fín chegou o gran día que todos ansiados esperábamos para celebrar a festividade do San Martiño.
Para comezar o día déronnos a benvida uns personaxes especiais que se esconden detrás desta cariña tan emotiva e leda....
Tachán,tachán,...Quen serán???
Pois nada menos que o rei e a raíña do magosto!!!!!
Eles foron os que nos deron as instrucións das probas-xogos e actividades que fariamos neste día tan castaño-máxico.
A primeira proba-xogo consistía en bailar por parellas o son da música mantendo a nosa protagonista o maior tempo posible entre as nosas frentes.
Cantas emocións nos saíron !!!!!
PROBA SUPERADA.
consistía en encestar castañas nos traga-castañas.
Que ben atinamos!!!
SEGUNDA PROBA SUPERADA CON ÉXITO.
Agora todos preparados para escoitar as instrucións da terceira proba-xogo.
Esta é a proba-xogo mais complicada de toda a gincana, carreira de castañas en culler.
Vaia equilibristas!!!!!
Todos e todas o fixeron fantásticamente xenial.
PROBA FINAL SUPERADA...
Os reis da festa concedéronnos un premio por facer tan ben todas as probas.
PREMIO DO SAN MARTIÑO:
"TODOS OS NENOS E NENAS DISFRUTARÁN DUNHA FANTÁSTICA MERENDOLA CON PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTIVIDADE"
E así de ledos rematamos a celebración do noso magosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario