Dende a semana pasada no cole estivemos a traballar "O Samaín".
Na clase de 3 anos mergulláronse entre meigas e cabazas.
Na clase de 4 anos fixeron cabazas e morcegos.
E por último, os nenos de 5 anos fixeron cabazas e esqueletos.
Ademais, en colaboración co equipo de plurilingüismo, adornamos as portas do cole. E así foi como fixemos que deran moito, moito medo.
Tamén un ano máis as familias colaboraron coas súas terroríficas cabazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario