O día, 22 de setembro, cambiamos de estación e para celebralo e darlle a benvida ao OUTONO coas uvas fixemos experimentación.
Xogamos a observar e descubrir as súas cualidades.
Recoñecemos a súa forma e preparámonos para probalas.
1, 2, 3...
ÑAM... RIIIQUIISIMAAAS !!!!
Canto zume tiñan, que guapos nos deixaron.
...E chegou a hora do traballo duro, xogamos a ser viticultores tradicionais.
Despois de tanto traballar, chegou a hora de probar...
Falamos sobre o que máis nos gustou desta nova experiencia e para finalizar fixemos unha ficha sobre a mesma.
FELIZ COMEZO DO OUTONO A TODOS E TODAS !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario