Ímosvos contar cal foi a historia do noso horto:
Fai moitos, moitos días un conto apareceu nas nosas aulas " EL ESPANTAPÁJAROS ALEGRE ", e foi entón cando o horto comezou a ter vida.
O primeiro paso foi pechar o lugar destinado a ser horto, pedindo a colaboración das familias que nos trouxeron unhas botellas baleiras e fomentando así a reciclaxe.
Despois seguimos coa sementeira e plantamos moitas cousiñas: amorodos, leitugas, xirasoles e cabazas.
E, por último, fixemos un pouquiño de maxia e démoslle vida ó noso espantallo, para que vixie e coide os froitos.
Unha vez posto todo en marcha só nos quedaba coidalo moito, e así o fixemos:
- Sacamos as herbas malas.
- Regamos
- Cantámoslle unha canción ao solciño para que lle dese moito calorciño.
- Recollemos os primeiros amorodos para probalos! Que bos están!
- Atopamos as primeiras follas das cabazas, que seguen a medrar...
- E, faltan por asomar os xirasois, por iso ao xefe da tribu tivemos que chamar...
E,... aproveitando que o 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente, como todos sabedes xa, temos na casiña unhas leitugas para seguir a coidar. Lembrade familias: TERRA, AUGA, SOL e MOITO CARIÑO, para dentro duns días poder degustar.
Canto experimentamos e nos divertimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario