Co motivo da celebración da Semana Santa e o décimo aniversario da cofradía da Veracruz, instalouse por primeira vez en Galicia e en concreto na nosa vila do Carballiño, a exposición da Semana Santa de Playmobil da man de AESCLICK (Asociación española de coleccionistas de Playmobil).
Os nenos e nenas de infantil, en colaboración coa profe Ana, decidimos ir visitar a exposición.
Polo camiño debemos estar atentos e da man ben collernos.
Que fantástica exposición!!!!
Está formada por mais de 2000 pezas e intenta recrear a Semana Santa e a vida mesma: pobo, pasos da Semana Santa, procesión, xente que esta dacordo coa procesión, xente que está en contra, diversas bandas musicais, diferentes autoridades e dous diaños escondidos que os nosos nenos e nenas tiveron que atopar, entre outros detalles.
Despois da visita repuxemos forzas cunhas galletiñas
E fomos o parque infantil, onde disfrutamos un montón.
Xa de volta para o cole paramos a visitar unha agrotenda, onde observamos gran variedade de plantas.
E, para rematar esta preciosa xornada, relaxámonos disfrutando do noso patio.
Pasámolo xenial!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario