domingo, 1 de mayo de 2016

PARABÉNS, MAMÁ!!!

Esta fin de semana é o día da nai. Para celebrar un día tan importante preparamos con moito agarimo uns agasallos.
Na clase de 5 anos colorearon unha flor e pegaron pegatinas de cores para decorar unha cesta.






Ademais escribíronlle unha postal cunha poesía á súa mamá: "Miña nai, miña naiciña, coma miña nai ningunha..."





Aproveitando que había clase de música, o profe José Luis tocou e todos cantaron esa cantiga.



Despois fixeron un debuxo da súa nai.





 
Os nen@s de 4 anos colorearon dúas flores, ás que lles pegaron palliñas a modo de talo. Despois pintaron, puntearon e pegaron o floreiro no que meteron as flores.






Tamén fixeron un debuxo da súa mamá e escribíronlle un desexo:






 
Na clase de 3 anos pintaron unha flor e tamén lle puxeron pegatinas.







E así quedaron os detalles. Na clase de 5 anos:





 Na clase de 4 anos:


E na clase de 3 anos:




Só nos quedaba levalo para a casa...













... e desexarlles a tódalas mamás: FELIZ  DÍA!!!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario