Desde o Equipo de Biblioteca propúxosenos traballar o conto "A nai da nai da miña mamá", de Hércules de Ediciones, pois este curso están concienciándonos da importancia e o valor que teñen os maiores nas nosas vidas a través do programa "OS MAIORES TAMÉN CONTAN".
Neste conto trátanse con tenrura e agarimo os sentimentos e emocións que viven unha bisavoa e unha bisneta. A profe de Estimulación da Linguaxe, Conchi Vázquez, traballouno nas aulas e así o interpretaron os nen@s:
A pesares de que algúns nen@s xa non teñen bisavoa, este conto axudoulles a coñecer e comprender un pouco mellor as relacións entre xeneracións familiares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario