Hoxe celebramos o Día da Paz. Para comezar puxemos as mans pintadas con pintura de dedos en globos de cores que nos serviron para decorar a entrada.
Despois fixemos diferentes actividades nas aulas. Na de 3 anos os nen@s decoraron con pintura de dedos de cores unha pomba para facer o colar da PAZ.
Na aula de 4 anos puntearon a pomba da PAZ con rotuladores de cores.
Tamén buscaron nunha poesía as vogais a, u, e e colorearon a mandala da PAZ.
Na clase de 5 anos picaron un colar da PAZ e colorearon outra mandala da PAZ.
Ademais, chegaron ó cole os últimos "zapatos da paz". Despois levámolos ó patio para facer con eles a palabra PAZ, que estaba escrita no chan, tal e como propuxo o Equipo de Convivencia do Centro.
E xa para rematar a celebración deste día tan importante, saímos ó patio para cantar todos a canción "Paz, paz, paz".
Cantas cousas!!! Pero lembrade que aínda que esta semana traballamos máis directamente este tema, tódolos días son días de PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario