jueves, 18 de junio de 2015

AS ÚLTIMAS PORTADAS DESTE CURSO

Para entregar os traballos do trimestre preparamos coma sempre as portadas.
Os nenos/as de 3 anos pintaron un peixe, pegáronlle pegatinas e despois picaron. Este foi o resultado.








Como se nota que se acerca o verán!!!

Na clase de 4 anos pintaron, troquelaron, picaron e pegaron animais mariños.















Quedoulles unha paisaxe mariña moi veraniega.

E os de 5 anos pintaron e picaron un cohete espacial.







Onde irán nese cohete? Seguramente viaxarán moi lonxe e aterrarán en primaria. Boa viaxe!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario